viernes, 18 de agosto de 2017

Despois das vacacións de verán!!!!

Holaaaaa! Xa estamos de volta dunhas merecidísimos días de vacacións! O fin de semna pasado fixemos doblete de sesións como ven sendo habitual, jajajaja. Ás 11 da mañá levamos "O Mundo animal de Xanotas e Leirotas" a libraría especializada en literatura infantíl e xuveníl..."Donde viven los cuentos", sita en Nigrán, na Praza do Concello. Un lugar máxico onde teñen cabida todos os contos que poidades imaxinar. A súa propietaria unha moza guapísima chamana Carla, axudaravos para que atopedes o conto mais axeitado as vosas preferencias. Foi unha mañá chea de risos, troula e contos de animais.
Ás 22 da noite "O Tren dos contos de Xanotas e Leirotas" pasou polo Camping Francón onde a maxia de "Onde viven os monstruos" ou a "De que cor é un bico" entre outros, inundou a grandes en pequenos.
Nesta sesión estreamos os nosos micros, que nos regalau David, o propietario de RODAVI, unha empresa dedicada o arranxo de vehículos, e que non tivemos más que pedirllo para facilitarnos os tan deseados micros. Decirvos que RODAVI, con domicilio en Teixugueiras 34, Navia, Vigo, e unha empresa especializada onde vos asesorarán de todo o que lle pidades. Non dudedes en chamar, son os mellores profesionales!!!
Sen máis, despedimonos hata o vindeiro sábado que nos veremos en Fun 4 Us, Coia as 11 da mañá; O evento Vigopeques Sanxenxo-Family no hotel Galatea.
E se preferides vernos o domingo, estaremos en Ramallosa as 12:30 da mañá, Val miñor Fest!
Bikiños Máxicos!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario