lunes, 26 de junio de 2017

A Noite Máxica de Xanotas e Leirotas!!!

Vouvos contar como pasamos A Noite Máxica de San Xoán Xanotas e Leirotas!!! Primeiro tiñamos unha sesión que nos facía moitísima ilusión porque era nun marco incomparable, a Fundación Sales!!! Estabamos moi nerviosa porque tiñamos moitas ganas de facelo esta Noite Máxica rodeadas de natureza!!!
Antes de comezar a sesión Patri, a responsable da Fundación, díxonos que estaban apuntados máis de 30 nenos e que a convocatoria fora todo un éxito, puxémonos moi contentas, xa que levamos moi pouco tempo desenrolando este proxecto con moita ilusión e foi como un chute de enerxía.
A sesión foi todo un éxito, os rapaces encantados, os papás tamén e nós entusiasmadas!!!! Tiñamos unha pequena sorpresa para un dos nosos mellores amigos, Oscar Valdés, que estivera de aniversario o día anterior e queríamos facerlle un agasallo que non esquecera, e así foi... subímolo o escenario, tapámoslle os ollos, e cantámoslle o cumpreanos felíz cunha tarta de chocolate. Él non o esperaba, entón foi unha moi boa sorpresa. Ademáis repartiu caramelos a todos os rapaces que viñeran a vernos.
Despois de rematar a sesión na Fundación Sales, recollemos e marchamos correndo a cacharela da Asociación de Veciños de Novo Navia, botarlle unha man cos rapaces facendo unha mini sesión. Foi un éxito absoluto de convocatoria, xa que é o barrio máis novo de Vigo, por non dicir de España! Leirotas pertence o barrio e facíalle moita ilusión que os seus veciños a viran actuar.
Ó rematar o traballo ese día, comezaba a troula para nós! Pasámolo moi ben con nosos fillos, homes e amigos!!!!
Soamente quedanos dar as Gracias, por o acollemento que estamos a ter nas nosas sesión de contacontos!!! Esperámosvos a todos nas vindeiras sesións!!!! GRACIAS!!!!!!!

lunes, 19 de junio de 2017

Xanotas e Leirotas, un domingo inesquecible!

Non, sei por onde comenzar!!! Este domingo foi moi especial!! Á mañán estivemos nos concertos de "Cantoconto", onde o evento tiña as mellores anfitrionas: As maimiñas!!! Porfin poidemos falar con elas e contarlles en persoa o noso proxecto e que a divulgación da nosa lingua fai que amemos contar contos.
As doce, comenzan os concertos.... onde non podían faltar os primeiros que fixeron cantigas infantís en galego e divulgáronas por todo Galicia. Non hai ninguén que teña fillos pequenos e non tan pequenos que non coñezan a ......MAMÁ CABRA!!!!
A continuación chegou o momento de escoitar a Paco Nogueiras co seu Brinca Vai!, onde nos levou por todas as datas que en Galicia festexamos, como é: O nadal co Apalpador ou o Samaín cas cabazas.
Despois de comer chegou o turno de María FumaÇa e toda a familia, máis de 15 persoas, cantando e bailando no escenario facendo que o seu tren nos levase a todos os lugares soñados por todolos nenos. Non podería haber mellor fin de festa que cas cantigas máis movidas, alegres e divertidas de Uxía Lambona e a Banda Molona!!!
Cantoconto conseguiu que estivésemos cos mellores!!! Estamos deseando que chegue o ano que ven para voltar! Gracias As Maimiñas!!! Para nós ainda non acabara o domingo...Tiñamos sesión de contacontos no aniversario de SuperDani! Un neno moi ledo que lle encantan os insectos e os superheroes. Estamos moi agradecidas a súa mamá Sandra de que nos dera a oportunidade de estrearnos coma contacontos nos aniversarios infantís. Moitísimas gracias!!!!
E así foi como pasou o noso domingo, cheo de aprendizaxes dos mellores grupos musicais infantís galegos e coa experiencia nova de agasallar a un neno polo seu aniversario cunha sesión de contacontos. Tremendamente satisfeitas!!!!

miércoles, 14 de junio de 2017

Xanotas e Leirotas na Fundación Sales

Bos días!!! Hoxe vouvos presentar a nosa tarxeta de visita, onde tendes as formas de contacto para que nos poidades chamar o seguirnos nas nosas redes sociais, onde colgaremos todas as sesións de contacontos que faremos.
Por outro lado estamos moi contentas en poder presentarvos, unha sesión que terá lugar nun sitio máxico como é a Fundación Sales en Vigo, o día 23 de xuño, a noite máxica de San Xoán termos o honor de estar na Fundación facendo o que máis nos gusta contar uns contiños e pasar unha tarde viaxando por esa festividade. Deixovos o cartel onde tendes toda a información, e esperámosvos alí!
Seguide soñando cos contos!

viernes, 9 de junio de 2017

Xanotas e Leirotas... Comezamos!

Hola! Somos Xanotas e Leirotas, dúas mozas que comenzan un novo proxecto moi ilusionadas, imos levar a todo o mundo o mundo dos contos, onde viaxaremos a destinos incribles, coñeceremos monstruos, animais, nenos, pais, avós e un largo ect...cos relatos que contaremos e que lle poremos todo o noso amor. Contaremos contos longos, curtos, de música.... todos os contos que quierades escoitar! Esperámosvos con toda a maxia dos contos!