martes, 11 de julio de 2017

O tren dos contos de Xanotas e Leirotas!

Holaaaaa!!!! Xa estamos aquí facéndovos un resumo do fin de samán de Xanotas e Leirotas...Sabedes onde estivemos cos nosos contiños???...No Camping de Francón! Sí!!! Xa é verán e encántanos ir de camping e levar hasta alí os nosos contiños. Comezamos facendo un tren polo camping, facendo moitísima troula para que todos os nenos e todos os pais viñeran a pasar un bo rato cos contos e co baile que Xanotas e Leirotas sempre facemos para desfrutar. Ó chegar o tren onde íamos facer a sesión, todos sentamos e comezamos cun conto que é un clásico xa nas nosas sesións "Cocorico", co gato pelado e a mamá galiña, despois coñecemos unha "¿Rá?", ou unha tartaruga non, non, era un dinosaurio...bueno non sei moi ben que era jajaja, e o último conto do día díxonos quen era "O animal mais grande da selva", un pequeno gusaniño que era moiiiiiii intelixente!!!!
Foi unha sesión divertidisma xa que rematamos con duas cantigas nosas, galegas, de Uxía Lambona e a Banda Molona, " A saia da Carolina" e a "Rianskeira". O mellor de todo e que todos os presentes pasámolo fenomenal e que o vindeiro sábado 15 de xullo estaremos outra vez co tren dos contos de Xanotas e Leirotas as 22h no Camping de Francón, vémonos alí!!! Bikiños Máxicos!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario