miércoles, 6 de septiembre de 2017

Contacontos e taller para bebés de Xanotas e Leirotas!

Holaaaaa! ¿Cómo vai a semana? A nosa moi ben, inda con resaca deste último fin, xa que fixemos por primeira vez un taller de estimulación sensorial para bebés, na libraría "Donde viven los cuentos" de Nigrán. Comezamos o sábado cun contacontos moi especial en Fun 4 Us, onde Claudia nos abre as portas todos os primeiros sábados de cada mes e imos tan contentas cos nosos contiños máxicos. Este sábado tivemos unha personiña moi importante para nos, Martín, é un peloncete que a súa nai contribuíu a que a asociación "Bicos de Papel" sexa unha realidades e así poder axudar a todos eses nenos e familias que loitan día a día contra o cancro, no hospital Álvaro Cunqueiro. Estamos moi agradecidas en poder dar visibilidade a esta asociación e esperamosvos a todos o día 7 de outubro no centro cultural de Beade a partir das 17h para pasalo moi ben e poder contribuír a que a vida destes pequeniños sexa o mellor posible.
Martín, fixechenos moi felices ó virnos ver a Fun 4 Us!!! "Donde viven los cuentos" esperávanos ás 17h do sábado para comezar a segunda sesión do taller de estimulación sensorial para bebés de 0 a 2 anos. Era a primeira vez que Xanotas e Leirotas facíamos algo así, e saímos moi contentas, porque vimos o ben que o pasaron tanto os nenos embadurnandose de pintura, na primeira sesión, como de comestibles, na segunda sesión.
Agradecemos a Carla que nos dera a oportunidade de facer esta actividade tan eriquecedora para nós como contacontos. O vindeiro sábado estaremos en "Donde viven los cuentos" para unha sesión de contacontos onde....¿Pódese pasar ben cunha caixa?.....Siiiiiii Biquiños máxicos!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario