lunes, 3 de julio de 2017

O 1 de xullo: Verán!!!!

Felices Vacacións a Todos!!!!!! Vaia 1 de xullo tivemos....Comezamos en Fun 4 Us ca nosa amiga Claudia, como todos os primeiros sábados de cada mes, imos a esta tenda única, chea de xoguetes educativos, cunha propietaria única. Foi a primeira en darnos a oportunidade de contar uns contiños a todos os neno@s que desexaran soñar e desfrutar coa súa imaxinación. A sesión comezou as 11 da mañá cun estreo mundial de Xanotas e Leirotas.... A nosa canción de comezo de sesión!!! Estabamos nerviosas a ver como nos saía...e os rapaces desfrutaron moitísimo con ela, así que ....reto conseguido!!! O primeiro en aparecer por fun 4 us, foi o pitiño "Cocorico", ó rematar a súa historia con mamá galiña e gato pelado, presentounos a súa amiguiña unha xoguetona "Ra", seguimos cun xogo tradicional galego de dedos, onde coñecemos o nome de cada un deles; a continuación soubemos quen é "O animal mais forte do mundo", non é o fero león, se non... un intelixente gusano; e pra rematar cantamos "Un elefante se balanceaba", onde invitou a amiguiños novos. Finalizamos a sesión coma sempre... bailando todos xuntos a versión de Uxía Lambona e Banda Molona da Rianxeira, Canción que nos leva as tardes en balaídos, animando o Real Club Celta! A mañán estivo xenial! Quedaba unha Máxica inaguración "Donde viven los cuentos", unha libraría infantil-xuvenil nova no centro de Nigrán. Pero antes de ir a contarlles uns contiños os nen@s de nigrán, tiñamos que repoñer forzas, e nada mellor que unhas incríbles pizzas italianas nun novo espazo gastronómico en Vigo, "Don Marco". Que dicir do gastrobar, pizzería?????Mellor que o vexades!!!!
Agora sí!!! Despois de ter o papo cheo! Marchamos para a inaguración de "Donde viven los cuentos" coa súa incríble propietaria Carla, profesional do sector, axudaravos a levar o conto que máis desfrutaredes! Tivemos un contratempo.... O vento! Pero salimos airosas...jajaja. Comezamos buscando o "Monstruo Ñac-Ñac", como nos encanta cantar... seguimos con "Un elefante se balanceaba", sen deixar a tras a xoguetona amiguiña de cocorico a "Rá" e rematamos con ¿Jugamos?, onde o punto amarelo brincou, xogou, voou, e todos nos con él. Ufff... pero aquí tiñamos unha mega sorpresa!!! Unha amiguiña nosa veu tamén a inaguración, e unha persoa máxica que pode conxelar todo o que quiera.....FROZEN!!!! Cantamos e bailamos con ela! Que emoción para nós e todos os rapaces que alí estaban a desfrutar!!!
Ó rematar, os nenos puideron seguir xogando co punto amarelo, deixando a súa creatividade voar da mán de "Cera de Colores", facendo uns murais cheos de cor e cariño. Arianne foi a encargada de axudarlles a sacar o mellor de eles!
E así, rematamos o primeriro sábado do mes de Xullo, xa pensando no día 20 que estaremos no Café Teatro Mimosa ás 18, para que coñezades "O mundo animal de Xanotas e leirotas", non olvidedes reservar plaza!!! Vémonos!!! Bikiños máxicos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario