lunes, 26 de junio de 2017

A Noite Máxica de Xanotas e Leirotas!!!

Vouvos contar como pasamos A Noite Máxica de San Xoán Xanotas e Leirotas!!! Primeiro tiñamos unha sesión que nos facía moitísima ilusión porque era nun marco incomparable, a Fundación Sales!!! Estabamos moi nerviosa porque tiñamos moitas ganas de facelo esta Noite Máxica rodeadas de natureza!!!
Antes de comezar a sesión Patri, a responsable da Fundación, díxonos que estaban apuntados máis de 30 nenos e que a convocatoria fora todo un éxito, puxémonos moi contentas, xa que levamos moi pouco tempo desenrolando este proxecto con moita ilusión e foi como un chute de enerxía.
A sesión foi todo un éxito, os rapaces encantados, os papás tamén e nós entusiasmadas!!!! Tiñamos unha pequena sorpresa para un dos nosos mellores amigos, Oscar Valdés, que estivera de aniversario o día anterior e queríamos facerlle un agasallo que non esquecera, e así foi... subímolo o escenario, tapámoslle os ollos, e cantámoslle o cumpreanos felíz cunha tarta de chocolate. Él non o esperaba, entón foi unha moi boa sorpresa. Ademáis repartiu caramelos a todos os rapaces que viñeran a vernos.
Despois de rematar a sesión na Fundación Sales, recollemos e marchamos correndo a cacharela da Asociación de Veciños de Novo Navia, botarlle unha man cos rapaces facendo unha mini sesión. Foi un éxito absoluto de convocatoria, xa que é o barrio máis novo de Vigo, por non dicir de España! Leirotas pertence o barrio e facíalle moita ilusión que os seus veciños a viran actuar.
Ó rematar o traballo ese día, comezaba a troula para nós! Pasámolo moi ben con nosos fillos, homes e amigos!!!!
Soamente quedanos dar as Gracias, por o acollemento que estamos a ter nas nosas sesión de contacontos!!! Esperámosvos a todos nas vindeiras sesións!!!! GRACIAS!!!!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario