lunes, 19 de junio de 2017

Xanotas e Leirotas, un domingo inesquecible!

Non, sei por onde comenzar!!! Este domingo foi moi especial!! Á mañán estivemos nos concertos de "Cantoconto", onde o evento tiña as mellores anfitrionas: As maimiñas!!! Porfin poidemos falar con elas e contarlles en persoa o noso proxecto e que a divulgación da nosa lingua fai que amemos contar contos.
As doce, comenzan os concertos.... onde non podían faltar os primeiros que fixeron cantigas infantís en galego e divulgáronas por todo Galicia. Non hai ninguén que teña fillos pequenos e non tan pequenos que non coñezan a ......MAMÁ CABRA!!!!
A continuación chegou o momento de escoitar a Paco Nogueiras co seu Brinca Vai!, onde nos levou por todas as datas que en Galicia festexamos, como é: O nadal co Apalpador ou o Samaín cas cabazas.
Despois de comer chegou o turno de María FumaÇa e toda a familia, máis de 15 persoas, cantando e bailando no escenario facendo que o seu tren nos levase a todos os lugares soñados por todolos nenos. Non podería haber mellor fin de festa que cas cantigas máis movidas, alegres e divertidas de Uxía Lambona e a Banda Molona!!!
Cantoconto conseguiu que estivésemos cos mellores!!! Estamos deseando que chegue o ano que ven para voltar! Gracias As Maimiñas!!! Para nós ainda non acabara o domingo...Tiñamos sesión de contacontos no aniversario de SuperDani! Un neno moi ledo que lle encantan os insectos e os superheroes. Estamos moi agradecidas a súa mamá Sandra de que nos dera a oportunidade de estrearnos coma contacontos nos aniversarios infantís. Moitísimas gracias!!!!
E así foi como pasou o noso domingo, cheo de aprendizaxes dos mellores grupos musicais infantís galegos e coa experiencia nova de agasallar a un neno polo seu aniversario cunha sesión de contacontos. Tremendamente satisfeitas!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario